Dianteiro do Friol

Daniel Roca Couso marcou un hat trick ante o Carballedo nun avultado marcador

Segunda Galicia Sur
FRIOL_DANI
photo_camera FRIOL_DANI
O Friol recuperou a quinta praza da xeral facendo valer a avultada goleada sobre o Carballedo (1-6). Dominaron os visitantes de principio a fin adiantándose cedo cun gol de Dani no minuto 1, que completaría un hat trick. Lograron chegar ao descanso co 1-5 no marcador, con tantos tamén de Diego (2) e Miguel. Na segunda parte, houbo máis equilibrio e marcaron o sexto por medio de Adrián a escasos minutos do final.