Daniel Novo: ''As escolas aportan a canteira que precisan as bandas''

Daniel Novo, saxofonista, director da banda xuvenil de música das Pontes e responsable da escola de música da misma vila, sente a música como parte fundamental da súa vida logo de ser membro de numerosas agrupacións musicais galegas.

Daniel Novo

VIVE AO SON da música. Daniel Novo elixiu o saxofón como compañeiro ao longo da súa vida. Director da escola de banda xuvenil das Pontes dende o ano 2006 e responsable da escola de música desa mesma vila, ve a música como un complemento básico dentro da súa vida.

Como foi a súa traxectoria dentro do mundo da música?

Comencei os meus estudos de saxofón en Ferrol e alí rematei o grao medio. Posteriormente estudiei no Conservatorio Superior da Coruña ata o 2010, ano no que rematei, e a continuación realicei diferentes másters para completar a miña formación.

Nado en Narón, como veu recaer nas Pontes?

Teño familia na vila, xa que miña nai é de alí. Cando tiña 15 anos decidín comezar na banda das Pontes debido a que daquela era unha formación moi numerosa.

Como e dende cando comezou o seu gusto pola música?

A afección venme dende moi pequeno, xa que a miña tía e a miña irmá tocaban un instrumento e eu sempre as escoitaba con moita atención.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios