CENTROCAMPISTA DO OUTEIRO DE REI

Daniel Díaz: O executor do gol da vitoria contra os aspirantes ao ascenso

PRIMEIRA GALICIA
Daniel Díaz, centrocampista do Outeiro de Rei. Foto: EX
photo_camera Daniel Díaz, centrocampista do Outeiro de Rei. Foto: EX

O Municipal de Outeiro de Rei vibrou esta xornada co partidazo entre o seu equipo e o Escairón, que se tivo que despedir do ascenso directo tras ser derrotado. Aínda que o Atlético comezou por diante, o Outeiro logrou empatar e a poucos minutos do final conseguiu a remontada. O autor do gol da vitoria foi obra de  Dani Díaz. Nunha moi boa transición na que o balón navegou dunha banda a outra, Tichu colga un balón para que Díaz, no segundo pau, meta o gol de cabeza. O centrocampista procedente do Castro leva un total de cinco goles no que vai de curso.