Curso de elaboración de filloas en Muimenta

A asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organizou esta fin de semana o seu tradicional curso de elaboración de filloas ó que estaban convidados a participar os rapaces e as rapazas desta parroquia de Cospeito e dos seus arredores.

Esta xornada, que se promove dende hai varios anos, ten como obxectivo que os máis novos do lugar se familiaricen co proceso de fabricación deste manxar típico, de maneira que no futuro poidan colaborar activamente na organización da Festa da Filloa, que se celebra o 1 de maio en Muimenta -este ano será a 21ª edición- e conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o 2008.

Degustación

Unha vez concluidas as clases prácticas, impartidas por media ducia de filloeiras, celebrouse a segunda parte desta actividade, unha degustación popular das filloas preparadas no curso, á que estaban convidados todos os veciños la localidade.

Máis dun cento de personas compartiron así na praza da vila unha merenda típica e unha xornada interxeracional, esquecendo por un anaco as preocupacións que tiveron nos últimos días pola falta de médico.

Comentarios