A cuña Vázquez

DISE que non hai mellor cuña cá da mesma madeira, entón a crítica de Paco Vázquez á lista coa que concorrerá ás eleccións europeas o aínda seu partido sería un golpe demoledor; pero para seguir con ditos populares, como a excepción confirma a regra, pouco pode afectar ao resultado que se dea en maio o que defenda ou rexeite quen foi alcalde da Coruña e deputado no Congreso durante 23 anos, senador unha lexislatura, embaixador no Vaticano un lustro e fracasado Defensor del Pueblo por contestación interna na formación política na que sigue militando. Quizais resabiado por ese desaire, hai pouco apoiou coa súa presenza o líder doutro partido cando se presentou en Galicia e agora arremete contra a candidatura socialista europea co argumento de que leva ministros que o foron con Zapatero. Cando os ex falan os partidos tremen, pero como en todas as normas, existen excepcións.

Comentarios