A culpa do paro é das amas de casa

NDA que xa estamos afeitos, non para de sorprender. Parece que para estar á fronte da patronal española como principal mérito ha ser o de bocalán, porque cada un que pasa polo posto mellora o anterior. O actual non para de meter os pés nas fochancas. Logo de culpar ás mulleres das elevadas taxas de paro, debido á súa incorporación masiva ao mundo laboral, vén agora de cargar contra o colectivo de amas de casa porque cre que máis dun millón se apuntaron nas oficinas de emprego coa vista posta en cobrar un subsidio. Unha visión moi deturpada da realidade, como se para el non houbera xente sen traballo, pero en cambio defende o recorte de dereitos laborais adquiridos en séculos, porque para el son privilexios, como o de ter contratos indefinidos. Por iso non ten reparo en reclamar que os pais de hoxe perdan eses dereitos para que os gañen os seus fillos, empregados de mañá. Unha desfeita.

Comentarios