Cuestión de preferencias en educación

MANTÉN Durao Barroso, o presidente da Comisión Europea, que se equivocan os gobernos que recortan en educación, cultura, ciencia e investigación, pero os xestores dos países non opinan o mesmo, e aplican tesoira a destro e sinistro nestes campos porque non os ven rendibles, cando a inversión no coñecemento é o que vai marcar as xeracións vindeiras. A última labazada recibida foi a eliminación de bolsas Erasmus co curso xa empezado, porque aínda que logo se rectificou amósase unha falta de sensibilidade absoluta, algo que xa non é novo no ministerio de Wert, que co seu xeito de actuar altera a boa parte da comunidade educativa e a miles de familias. Redúcense bolsas de estudos, retíranse subvencións a comedores e achícase a gratuidade dos libros de texto, pero pola contra foméntanse materias impropias dun currículo educativo. É cuestión de preferencias.

Comentarios