La cuarta edición de Xotramu contará con más de 120 juegos tradicionales

Membros de Xotramu, probando xogos (Foto: EP)
photo_camera Membros de Xotramu, probando xogos (Foto: EP)

A cuarta edición da Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) mostrará este domingo, día 3, no recinto feiral Manuel Vila, máis de 120 xogos tradicionais, que se poderán contemplar entre as 11.00 e as 20.00 horas. Unha das novidades do programa deste ano será a primeira carreira de rolos de herba.

Os xogos e actividades promovidos pola asociación Xotramu non rematarán aí, senón que esta cita dará cabida a xogos rurais e tradicionais galegos, así como a unha especial representación de xogos asturianos -en colaboración co Club 6 conceyos de Sariego-, vascos e portugueses.

Ademais das exposicións dos xogos tradicionais e dos obradoiros de construción de xoguetes en directo, organizaranse varias competicións. Ademais da citada carreira de rolos de herba, haberá un campionato internacional de tiro de corda e competicións de bolos e de chave, de arrebolamento de sacho e o tradicional aberto de billarda, coordinado pola asociación O Varal e que este ano se disputará en dous campos de xogo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios