Critican el coste de 5.000 euros por los sueldos de dos ediles pontenoveses

A agrupación pontenovesa do Partido Popular tildou de «insolidario» ó equipo de goberno do socialista Darío Campos por manter, «a pesares da crise» o soldo mensual do rexedor e do edil de obras, Francisco Martínez, en «3.100 euros e 1.800» brutos, respectivamente, «tendo en conta que son adicacións parciais». O primeiro edil prefire «non entrar ó trapo» desta crítica e lémbralle ó líder do PP, Jorge García, que «acaban sendo adicacións case completas e os soldos están conxelados dende hai catro anos».

O PP critica asemade que «o único que ve necesario o PSOE rebaixar é un 40% a asignación dos grupos políticos, que queda en 200 euros por ano e concelleiro» e lembra que «aínda non se aboaron as de 2009»; todo elo, di, «mentres A Pontenova ten un dos alcaldes máis caros de toda a provincia».

Denuncia tamén o PP que o grupo municipal socialista «só permite crear unha comisión de contas e realizar un pleno cada dous meses».

Comentarios