Cristina Mariño: ''El teatro enseña que eres tú, pero podrías ser otro cualquiera''

Cristina Mariño // FOTO: Cristina AriasLeva seis anos formando á nova canteira de actrices e actores de Vilalba. Cristina Mariño defende o beneficio dunha arte que engloba moitas e que axuda a coñecerse mellor a un mesmo, a traballar en grupo e a mellorar a empatía, «algo moi necesario nesta sociedade».

este é o seu sexto ano á fronte da escola municipal de teatro de Vilalba, un centro que leva case unha década funcionando e creando canteira de actores e actrices chairegos. Cristina Mariño compaxina o traballo de mestra coa interpretación sobre as táboas co trío cómico 3DTrans, composto por «unha monologuista, unha clown e unha actriz dramática».

A escola de Vilalba nace hai nove anos como unha iniciativa municipal. Que beneficios ten a súa dependencia directa da administración local?

Moitos. É unha escola aberta a todo o público, a partir dos seis anos. E ese é o único requisito. Ademais, o ser municipal ábrenos a porta a traballar e facer tódalas clases no auditorio Carmen Estévez, o que tamén ten moitos beneficios porque estaste familiarizando sen darte conta co espazo que vas utilizar cando estés diante do público e iso axuda co medo escénico e a traballar a voz nun espazo grande. O erario público debe dedicar parte dos fondos a actividades culturais e positivas para o crecemento persoal, e o teatro éo.

Cantos alumnos hai matriculados para este curso?

Actualmente 45, pero sempre hai 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios