Creatividade en Sancovade

Participantes no obradoiro de disfraces de Sancovade, con algunhas das súas creacións. C.Pérez
photo_camera Participantes no obradoiro de disfraces de Sancovade, con algunhas das súas creacións. C.Pérez

Unha orquestra, un grupo de cociñeiros, unha delegación chegada da China, dúas fadas, un cardeal e un director de orquestra compoñen a singular comparsa do Entroido xurdida no primeiro obradoiro de disfraces promovido pola asociación de veciños da parroquia vilalbesa de Sancovade.

O taller, que comezou a finais do pasado mes de decembro, xuntou cada fin de semana -dende as catro e media da tarde ata que as obrigas de cada quen os obrigaba a marchar para a casa- ao redor de 30 veciños e veciñas de todas as idades, dispostos a facer por si mesmos un disfraz digno dunha pasarela de moda.

«Pasámolo tan ben e estamos tan a gusto que ata viñemos algún día por semana», contan os participantes, que tamén explican os fundamentos deste obradoiro: «Tratábase de facer traxes sinxelos e económicos, porque todo o material o está a pagar a asociación».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios