Creatividad audiovisual en expansión

CHA1803P5F1.JPG
photo_camera CHA1803P5F1.JPG

O mundo do audiovisual está de moda na comarca de Terra Chá. E senón que llo pregunten ás decenas de asistentes que se congregaron na antiga igrexa de Muimenta para asistir á primeira edición da Mostra de Curtametraxes 2014, unha iniciativa promovida pola asociación Carabullo, que permitiu contemplar o traballo creativo de varios mozos chairegos e meiregos, ademais doutras pezas audiovisuais galardoadas con importantes premios.

Andrea Maseda, socia de Carabullo e estudante de terceiro curso de Comunicación Audiovisual, xogaba na casa. Esta rapaza de Muimenta presentou por primeira vez ante o público o seu traballo ‘Verbas’ -que xa alcanzara máis de 5.000 reproducións en Youtube-, unha curta de catro minutos de duración que foi recentemente premiada no Concurso de Curtas Sociolóxicas organizado pola Universidade da Coruña.

OUTRAS PROXECCIÓNS. Un total de dez pezas audiovisuais

  • A primeira edición da Mostra de Curtametraxes Muimenta 2014 permitiulles aos espectadores gozar, na antiga igrexa da vila, da proxección dun total de dez pezas audiovisuais. Ademais das dirixidas por artistas chairegos e meiregos, tamén se puideron ver ‘19:11’, ‘Lipdub’ e ‘O Gran Golpe’, da produtora mariñana Tele Varal; ‘Unha muller que pasa’, do xornalista, escritor e cineasta Xosé Bocixa; ‘Cores’, da produtora Pixelfilms; e ‘El último ciclo de luna’, de Shaman Visuals.
AS CURTAMETRAXES

‘Verbas’ Lingua e socioloxía

‘Verbas’, de Andrea Maseda, pretende romper cos prexuízos sobre a lingua galega. Conseguiu o premio ao mellor guión nun concurso promovido pola UDC e foi gravada en Muimenta.

‘Querido Godot’ Os límites da loucura

Esta obra, dirixida por Irene Basanta, pretende levar á reflexión sobre onde se sitúan os límites da loucura, así como presentar unha crítica ao funcionamento da sociedade capitalista.

‘O Paquete’ Misterios na fronteira

Este traballo de Andrés Goteira narra a historia dun rapaz portugués que transporta un misterioso paquete ao outro lado da fronteira. Gañou o premio á mellor ficción en Curtanarede’09.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios