viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

"Creamos algoritmos e cartografías para odenar o territorio e previr lumes"

Miguel Cordero Souto, tácnico superior do LaboraTe da Univesidade de Santiago.EP
Miguel Cordero Souto, tácnico superior do LaboraTe da Univesidade de Santiago.EP

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago ten un contrato coa empresa Babcock co fin de desenvolver distintos procedementos de análise e de creación de algoritmos e cartografías moi precisas para concretar determinados factores que inciden na prevención de incendios e a ordenación do territorio. "A partir dos datos das investigacións feitas en plataformas UAVs que realiza Babcock, tratamos de definir o tipo de risco e as estratexias a seguir na prevención de incendios e na silvicultura preventiva", comenta Miguel Cordeiro Souto, técnico superior de investigación do LaboraTe. Ese centro utiliza unha tecnoloxía Lidar, que dixitaliza a realidade en tres dimensións.

O traballo do LaboraTe facilita "unha mellor estimación da en cada área, dacordo cos datos facilitados polos drons, que tamén permiten facer unha silvicultura máis axeitada", asegura Cordero. "Tamén deseñamos o mapa de combustible de cada zona en función da masa que é susceptible ou non de arder ou analizamos se a combustión vai ser máis rápida ou máis lenta", precisa. En función dos resultados das análises, Babcock tamén lle pide ao LaboraTe que deseñe "modificacións ou novas liñas de actuación con outro tipo de datos", apunta Cordero. Estas investigacións tamén contribúen á ordenación do solo e a detectar construcións irregulares.

"Creamos algoritmos e cartografías para odenar o territorio e...
Comentarios