Creación con sentimiento

Jaime Baltar. (Foto: Antía)
photo_camera Jaime Baltar. (Foto: Antía)

Ao vicedense Jaime Baltar gústalle a lectura desde novo, pero é a partir da mocidade cando empeza a escribir e faino en galego, que é o que verdadeiramente lle tira. Entón enceta a súa andaina pola escrita, sobre todo a poesía, e tamén os relatos.

os grandes autores galegos sírvenlle de influencia tras descubrir ‘A Esmorga’, de Blanco Amor, a Curros Enríquez, Pondal ou Rosalía de Castro. «Ao principio usaba moitas palabras deles, pero logo fun ampliando o vocabulario», sinala o vicedense Jaime Baltar. O traballo non é continuo, porque Jaime axiña se enrola como mariñeiro para traballar no Gran Sol. Por iso, «cando máis lle dediquei foi cando quedei un ano para facer o cursiño de máquinas».

Hai xa máis dunha década que lle deu por xuntar todo o que tiña escrito. Naquel intre coñeceu a Bernardo Penabade, un veciño de Mañón. Outra veciña do concello, Susana Riveira, foi quen lle deu a idea de recopilar todo para tentar autoeditalo ou dixitalizalo. Jaime Baltar anda agora con tarefas de revisión e mellora dos escritos «ata que chegue a ocasión en que poda dar a coñecer a obra», explica.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios