José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove, que vén de rematar a súa tempada de rutas de sendeirismo
Cantas rutas fixeron?
Sete en total. A primeira pola costa do Vicedo en marzo, en abril a senda da costa Ártabra, en maio a das Hoces del río Pendón, en Nava; en xuño a de La Peral-Villar de Vildas en Somiedo, e a seguinte foi o fiasco, a do monte Pindo, que case choramos de pena porque ardeu poucos días antes de irmos e ao final fomos ao monte Louro, en Muros. Tamén fixemos a ruta da Cova, nos Oscos, e a última en Xove.
Intentarán volver ao Pindo?
Dentro do noso calendario vai estar sempre o Pindo porque é precioso.