Convencer líderes, non cidadáns

OS GOBERNANTES non están para facer peticións aos cidadáns, están para tomar decisións e executalas. Se Angela Merkel defende que os ricos aporten máis, onde é primeira ministra está na súa man conseguilo a través de leis ou decretos. Se esa é a filosofía atinada para os países en crise, si ten argumentos para convencer os seus colegas comunitarios ante o fracaso do que hai meses se consideraba a panacea para resolver a situación, a austeridade. Agora recoñece a equivocación. Entón, logo de recuar, hai que buscar alternativas, e unha delas é que o reparto de esforzos sexa proporcional ás posibilidades de cada un, isto é, que achegue máis quen máis teña, pero esta concepción socialdemócrata choca contra o liberalismo imperante nos partidos que agora gobernan os países con problemas, Grecia, Portugal e España. A ver se Merkel os convence, a eles, os seus colegas, non aos ricos.

Comentarios