miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Contradicións económicas

¿EN QUE quedamos? España aplica as receitas de Bruxelas e agora a Comisión mantén nun informe que o recorte salarial sufrido polos traballadores é inxusto e ineficaz logo de catro anos de axuste. Outro dirixente europeo, o presidente do BCE, xa alertara da situación ao asegurar que nun lustro os soldos retrocederon tres décadas, teoricamente para frear o paro, pero as porcentaxes seguen igual de disparadas. Ou sexa, que unha de cada catro persoas do grupo de poboación activa non ten traballo remunerado e unha boa parte dos demais perderon poder adquisitivo e polo tanto tiveron que reducir consumo, co que dificulta a recuperación económica. A liña ortodoxa mantén que a redución salarial leva consigo un incremento de emprego, pero polo visto non sempre é así, así que non se deben desprezar estudos que a cuestionan, como se pode comprobar en España. Contradicións.

Contradicións económicas
Comentarios