Consolidación del pasado castrexo

Os poboados fortificados propios da cultura castrexa son un símbolo máis do poder histórico da Terra Chá. O castro de Viladonga, que comenzou a escavarse no ano 1971 polo arqueólogo Manuel Chamoso Lamas, non é máis que un exemplo vivo de que o pasado, se se conserva, pode enriquecer a historia dende un punto de vista social e cultural.

De feito, esa é unha das premisas fundamentais coas que se traballa en Viladonga, onde se levan desenvolvido varios programas de consolidación e de limpeza. O ano pasado iniciouse un novo proxecto, con continuidade neste 2013, cofinanciado con fondos europeos Feder e que conta, ademais, cunha achega económica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O Museo de Viladonga programa diversas actividades didácticas

As instalacións acollerán tamén exposicións temporais, actuacións musicais, xornadas sobre conservación e recreacións histórico-arqueolóxicas

Nun contorno natural único, coa Ruta do Azúmara, o nacemento do Miño e o xacemento arqueolóxico a dous pasos, o Museo do Castro de Viladonga abriu as súas portas hai xa 27 anos, para facer chegar a veciños, visitantes e curiosos o interese pola arqueoloxía e a vida castrexa. A ilusión por manter viva esa parte da historia continúa un ano máis, no que están previstas diversas actividades divulgativas, culturais e festivas que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios