domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Consentida mala xestión no deporte

(*)

NESTA xornada de Liga de catro días e aínda con dúbidas de como acabar coa violencia no entorno do fútbol, non deberiamos abstraernos doutro asunto que pende como ameaza: a consentida nefasta xestión de clubs que se non se lle pon freo pode motivar unha burbulla como a inmobiliaria.

Porque nesta época de tanta preocupación pola corrupción política, é estraño que non se traslade ao xeito de funcionar das entidades deportivas, que a pesar dos atrancos legais para evitar enganos séguense producindo, como que entre as 42 da Liga Profesional acumulen 3.200 millóns en débedas.

Así, ocorre que un club en números vermellos con Facenda, Seguridade Social ou cos empregados poida contratar a uns cantos xogadores en xaneiro e así competir en vantaxe. Logo queixarase se o baixan de categoría se non paga. A seriedade que se lle require ás empresas privadas tamén se lle debería esixir a estas.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo.


Consentida mala xestión no deporte
Comentarios