martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Confusión Lugo-Vigo

LUGO, a provincia, ten mar, igual que Vigo. Lugo está en Galicia, igual que Vigo. En Lugo, na provincia, residen sobre 350.000 habitantes, máis ou menos coma en Vigo. Pero é evidente, Lugo non é Vigo, por moito que en distintos puntos de España, por descoñecemento, se confunda. Parece o mesmo, pero non o é, por moito que en medios de comunicación españois sitúen un castro vigués na capital lucense ou a nosa cidade bimilenaria coa súa muralla enteiriña de máis de dous quilómetros á altura da ponte de Rande. Parece como se profesionais que teoricamente están en posesión de títulos superiores descoñeceran o mínimo da xeografía política peninsular e nin souberan xa non ubicar as provincias senón enumeralas. Vivo e traballo en Lugo, igual que outros centos de miles de persoas, que ben poderiamos vivir e traballar en Vigo, pero non é así. Por iso, por favor, non nos confundan.

Confusión Lugo-Vigo
Comentarios