lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Confidencias

Casa no núcleo de Ferrería, no Incio AS CONFIDENCIAS están perdendo o seu prestixio. Hai uns séculos que os gremios se gardaban ben de reservarse os segredos dos oficios e mesmo deron lugar a institucións tan debedoras do teatro infantil como a masonería. O poder do secreto está pasando das elites que o detentaban a arruinarse ao espallar nunha vulgar democratización. Oscar Wilde dedicoulle ao seu misterio ‘A esfinxe sen segredo’. Lord Murchinson namora dunha muller intrigante e opaca que o cita en habitacións alugadas. O cabaleiro acaba vencido pola súa curiosidade e denuncia á dama por adulterio. O peso do escándalo esmaga á muller e morre. O delator bótase a investigar. A amante era unha solteira que unicamente quería vivir coma unha heroína fomentando o enigma ao seu redor. O amor das vellas novelas foi esvaecendo co invento do teléfono. Durante décadas as telefonistas conectaban uns falantes con outros. O seu coñecemento da intimidade das comunidades puxéronas de par dos confesores. A telefonía móbil, creada hai trinta anos, deitou coa confidencia. Whatsapp anunciou que dará chamadas de voz. Os indicadores das centraliñas -como o do Incio que aparece na imaxe- reforzarán o seu segredo de ser algo mergullado no esquecemento. Os nacidos hai tres décadas revivirán o enigma de saber que significa a frecha baixo o cartel azul.

Confidencias
Comentarios