sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Condenado por chocar o seu tractor cun turismo en Paradela e non ter carné

Deberá pagar unha multa e indemnizar con 15.000 euros a unha persoa que resultou ferida no accidente

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a oito meses de multa con cota diaria de catro euros e a indemnizar á vítima con 15.340 euros, máis os intereses, a un home por colisionar o seu tractor cun turismo no municipio de Paradela. O tribunal confirma así unha sentenza do xulgado do Penal número 2 de Lugo.

O accidente ocorreu sobre as 18.00 horas do 10 de xullo de 2013, cando o acusado manexaba un tractor pola estrada LU-P-4203 carecendo de permiso de conducir por non telo obtido nunca. O sinistro produciuse á altura do quilómetro 1,100, ao trazar unha curva. O home, quen consumira bebidas alcohólicas, invadiu o carril contrario e colisionou cun vehículo, un Ford Fiesta, segundo recolle a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo.

O ocupante do coche sufriu unha escordadura cervical, necesitando para a súa curación 191 días, dos que 30 foron impeditivos. A causa do accidente quedáronlle como secuelas "algias postraumáticas con compromiso radicular leve a nivel de columna vertical".

RECURSO. O acusado recurriu a sentenza do xulgado do Penal pedindo a aplicación da eximente completa "en atención a la anomalía o alteración psíquica que padece" e o atenuante de reparación do dano.

A Audiencia Provincia rexeitou os dous argumentos porque, sinala, o home non está declarado incapaz e non realizou ningún esforzo para a reparación do dano.

Condenado por chocar o seu tractor cun turismo en Paradela e non...
Comentarios