Concurso fotográfico de acertos e desastres e sobre o Día da Arquitectura

(Este é un borrador das bases. A contía dos premios e a data de entrega determinarase con posterioridade. Estas bases valen para a primeira fase do concurso, que está aberta ata o 20 de setembro e na que non haberá premios económicos pero si se proxectarán as fotos na sede da entidade convocante. As fotos enviadas antes do 20 de setembro tamén participarán na segunda fase do concurso)

1. ENTIDADE CONVOCANTE:

Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (CCDL COAG); con sede na Rúa Puro Cora nº1 - 27002 Lugo (982.23.00.11), en colaboración co xornal El Progreso de Lugo (982-29.81.00)

2. FINALIDADE DO CONCURSO:

A presente é a quinta edición dun concurso fotográfico que procurará imaxes de Acertos Arquitectónicos e/ou Urbanísticos; co fin de reclamar atención sobre a boa arquitectura nun sentido amplo, tanto popular coma culta, pasada e presente, e divulga-la a fin de que sexa coñecida, valorada e respectada.

Asemade, tamén procura imaxes de Desastres Arquitectónicos e/ou Urbanísticos; sinalándoos a fin de que sexan evitados ou cando menos coñecidos.

Co gallo de conmemorar o Día Mundial da Arquitectura, as fotos que se reciban ata o 20 de setembro haberán de versar sobre prazas e outros espazos públicos de todas as cidades, vilas e aldeas da provincia lucense na que apareza reflectido o uso do espazo público polos cidadáns e as cidadás. 

Valorarase o criterio do participante en tanto en canto capaz de recoñecer e celebrar feitos construtivos e urbanos, estimando as solucións arquitectónicas e urbanísticas acertadas, pero tamén as formas de vivilas ou presentalas; así como recoñecer as malas prácticas construtivas e urbanas, resaltando aquelas onde as persoas sexan protagonistas felices ou, pola contra, vítimas sufrintes de solucións arquitectónicas e urbanísticas fracasadas ou maliciosas.

A calidade fotográfica é importante en tanto que sexa vehículo do tema denunciado.

O ámbito é todo-lo territorio da provincia luguesa, tanto urbán como rústico, onde o home teña fixado a súa pegada.

3. CARÁCTER DO CONCURSO:

O Concurso é de presentación On-LINE, e é aberto, anónimo, gratuíto e de fase única.

4. CONCURSANTES:

Poderán participar tódalas persoas que o desexen. Non poderán participar no presente concurso os membros do xurado, da Comisión de Cultura da Delegación de Lugo do COAG.; nin aquelas persoas ligadas a elas por relacións de parentesco ou laborais.

Poderán participar como tales colectivos como colexios, institucións sociais, etc...

As persoas serán maiores de idade ou menores con permiso.

5. XURADO

6. CRITERIOS DE SELECCIÓN.

Na selección das fotografías teranse en conta tanto as calidades arquitectónicas, construtivas e de interese social do fotografiado coma a sua oportunidade en reseñalas, apreciándose asemade a calidade compositiva da propia fotografía.

Valorarase e estimularase con este certame o interese cidadán por tomar conciencia dos feitos cidadáns e as pegadas do home con incidencia no territorio en xeral, mesmo a agudeza e intencionalidade no motivo escollido.

7. PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

—Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías en cada categoría (Acertos e/ou Desastres) ata un total de 10 por participante ou IP. Deben ser fotografías orixinais e inéditas non premiadas en ningún outro concurso. Non está permitido participar con 'fotos roubadas'.

—As fotografías deben estar realizadas cunha cámara dixital. En caso de resultar gañadores, deberase presentar a cámara fotográfica coa que se realizou a fotografía e a imaxe fotográfica orixinal, como dato que certifique a súa autenticidade.

—Non se admitirán nin permitirán fotomontaxes e aplicar operadores globais para engadir ou eliminar elementos, misturar varias fotos ou modificar a súa composición orixinal, nin reproducións totais ou parciais de outros autores.

—Só se permite o retoque das fotografías sempre que sexa para aplicar filtros globais que melloren a súa calidade (brillo, contraste,...).

—A CCDL COAG resérvase o dereito a rexeitar todas aquelas fotografías nas que aparezan imaxes de persoas identificables, que non sexan realizadas en lugares públicos.

—En todo caso, naquelas fotografías nas que aparezan persoas identificables, o participante no certame deberá contar co consentimento da persoa ou persoas que sexan identificables, ós efectos de que a fotografía na que aparece a súa imaxe participe no presente certame e, no seu caso, sexa utilizada para o seu uso noutras iniciativas da CCDL COAG. Os datos serán protexidos nas condicións previstas por Lei.

—A CCDL COAG resérvase o dereito de excluír unha fotografía do concurso se detecta irregularidades (piratería informática, incumprimento dalgunha das normas aquí detalladas, alonxamento do tema do concurso ou temática inconveniente, etc…).

—As fotografías deben respectar os siguientes requisitos:

  • As fotografías deben ser arquivos en formato JPG.
  • As fotos que participen no concurso deben ter unha calidade su?ciente para poder ser impresas posteriormente. Isto é: mínimo 300 dpi, 4 Megapixels de resolución (2.272x 1.704pixeles).
  • As fotos poderanse subir cunha calidade normal, pero os gañadores deben telas nesta resolución e con estas características. En caso de que as fotos gañadoras non a teñan, os gañadores pasarán a ser os seguintes por orde de número de votos.

—Para concursar débese acceder á sección de Fotogalerías de www.elprogreso.es (onde o concurso estará sinalizado en portada) e cumprimentar o formulario de participación no que se poderá axuntar a fotografía. O participante deberá informar dos seguientes datos:

  • Nome e apelidos do concursante.
  • Nick: cinco letras e, separado con guión baixo, tres números.
  • DNI máis letra NIF ou NIE.
  • Dirección de correo electrónico de contacto.
  • Dirección de correo postal de contacto.
  • Teléfono de contacto.
  • Modelo de cámara utilizado.
  • Título da imaxe e localización e data de disparo.

Só se admitirán 5 fotos por IP, sección e identidade personal.

—O nome e os demais datos persoais dos participantes permanecerán ocultos durante o concurso. E o anonimato finalizará coa publicación dos resultados dos gañadores.

Os autores das fotografías, polo feito de participar neste concurso, ceden os seguintes dereitos:

Fotografías premiadas.

Os autores das fotografías premiadas ceden en exclusiva ó COAG os dereitos de uso, difusión, distribución, comunicación pública, exhibición e reprodución que respondan a fins profesionales e/ou culturais, debendo sempre indicar o nome do autor da fotografía. Dita cesión será de ámbito mundial e por un periodo de tres anos a contar dende a entrega do premio.

O COAG manterase sempre aberto ó diálogo en caso de que o/os autor/es quixeran facer uso das imaxes durante este período de tres anos.

Con posterioridade a eses tres anos, o COAG só ostentará os dereitos mencionados no primeiro parágrafo deste apartado para poder publicar ou exhibir en cualquer formato as fotos gañadoras das distintas edicións do Concurso. 

O COAG comprométese a que, no marco do previsto neste apartado, disporá das fotografías pero non as manipulará salvo permiso expreso do autor.

Non obstante, no caso de que calquera das fotografías poida ser considerada como “Obra Fotográfica” nos termos previstos no Real Decreto 1/1996, de 12 de abril, o autor deberá subscribir o correspondente contrato de cesión dos dereitos de propiedade intelectual sobre a fotografía para a súa produción, reprodución, distribución, comunicación pública e difusión. A cesión deberá realizarse en exclusiva e con carácter indefinido. Mediante dita cesión, o autor cederá a totalidade dos dereitos de propiedade intelectual sobre a/s obra/s fotográfica/s cedida/s, salvo os dereitos morais ó ser estes irrenunciables e inalienables, para a súa reprodución, distribución, comunicación pública e difusión a través de cualquer modalidade de explotación. 

8. PROCESO, VOTOS E PRAZOS:

—O participante e/o visitante votará do 1 ó 5 cada foto allea sendo 5 a valoración máis alta. Dita evaluación das fotos será realizada mediante unha votación paralela á subida, na súa primeira etapa.

—Forma de realizar o voto: Cada participante e/ou visitante, rexistrado no minisite do certame poderá emitir os votos que considere coa limitación de votar unha única vez por cada fotografía. Para dotar ás votacións dunha maior seguridade e evitar posibles “fraudes”, realizarse asemade un control de votos por rexistro por parte da CCDL COAG, que se reserva o dereito a excluír unha fotografía do certame se detecta irregularidades nas votacións da mesma.

—Transcorrido o período da subida, das 20 fotos con maior puntuación seleccionaranse os primeiros 5 lugares (1º, 2º, 3º e dous accésits) mediante unha votación interna realizada polo xurado cualificador, composto pola CCDL COAG.

—O xurado emitirá acta que será pública cos criterios que serviron de selección para cada obra premiada.

Dende o momento da recepción das imaxes, o COAG publicará as fotos enviadas ó concurso. Poderanse consultar as imaxes en www.coaglugo.es/ e en www.elprogreso.es, sin que presupoña un anticipo da decisión final do xurado.

O sistema de votación público, reflectirase na devandita páxina.

As obras non seleccionadas nin premiadas poderán ser retiradas ata un mes despois da resolución do concurso, pasando as restantes a poder do COAG a partir desa data, sendo este libre de facer con elas o que estime oportuno.

Os arquivos presentados a concurso poderán ser gardados ou destruídos polo COAG a libre elección sen que os autores poidan solicitar a súa recuperación futura nin solicitar ningún tipo de indemnización por estes conceptos.

9. PRAZOS

O prazo definitivo do concurso determinarase con posterioridade. As fotos que se envíen antes do 20 de setembro participarán no concurso e, ademais, serán proxectadas na sede do colexio co gallo do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra o 3 de outubro.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no concurso supón a aceptación plena das bases.

Decidido o fallo, este non será definitivo ata pasados oito días, a resultas das posibles reclamacións sobre o requisito “non premiadas” que se menciona. Pasado este prazo, non habendo denuncia algunha, o fallo será firme e inapelable.

Dereitos de reprodución: Enténdese que os participantes autorizan sen limitación de sistemas, medios, nin países, a reprodución das súas obras sen abono de dereitos. Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas bases. A resolución que deba adoptarse por calquera incidencia non prevista nestas bases corresponderalle ó COAG, quen resolverá co mellor criterio, sen que proceda recurso algún.

Infórmase ó solicitante de que os datos personais recollidos serán incorporados ás bases de datos do COAG, responsable do ficheiro, e serán tratados coa finalidade de atender a solicitude formulada. Os datos recabados han de cumprimentarse obrigatoriamente, pois doutro modo non podería ser atendida a solicitude. O solicitante autoriza expresamente ó COAG para tratar os seus datos a fin de remitir ó seu domicilio calquera tipo de información que poida resultar do seu interese. En calquera momento, o solicitante ten a posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ó tratamento que lle asisten, mediante escrito dirixido ó COAG na seguiente dirección: Rúa Puro Cora Xornalistas, 1, 27002, Lugo.

As obras seleccionadas pasarán a formar parte dos fondos do COAG, a tódolos efectos, facendo os autores cesión dos seus dereitos sobre as mesmas a favor do COAG.

Tódalas obras seleccionadas formarán parte dunha exposición a realizar no salón de actos da Delegación en Lugo do COAG, e eventualmente daquelas mostras organizadas con posterioridade nas que se estime oportuno; tanto en formato dixital como impreso. Nestas mostras indicarase o título, ubicación do fotografado e nome do autor.

As obras premiadas e os accésits serán presentados en formato impreso pola CCDL COAG e a cargo deste, cuxa copia quedará en propiedade deste.

Os participantes eximen ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidera incorrer algún dos participantes. En caso de conflito serán de aplicación as disposicións vixentes en materia de propiedade intelectual e de responsabilidade civil.


11. PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co establecido no artigo 5 da Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informase de que os datos persoais dos participantes quedarán incorporados nun ficheiro propiedade do COAG. O interesado ten o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderá exercitar dirixíndose ó seu respectivo e correspondente responsable do ficheiro. O documento orixinal coas bases do concurso está a disposición dos participantes en www.coaglugo.es.

Comentarios