Con frouxidade non se derrota a corrupción

ERA símbolo de degradación (a ineptitude para afrontar crises como a do ébola ímola deixar á parte) e malia iso aguantou ben meses, pero chegou un momento no que os dedos cederon do aferramento ao posto e caeu en desgraza por moito que o presidente a suxeitara ata quedar sen folgos. E iso foi o malo para Rajoy, que a decisión chega tarde, logo de perder enerxía abondo no camiño, pois como reivindicou algunha significativa dirixente do seu partido, contra a corrupción podíase facer bastante máis, e algo obvio era destituír a Mato, por inmoral ou por non decatarse do que ocorría ao seu redor, como que houbera un Jaguar no seu garaxe. Este esforzo por manter a quen non debía é sintomático dun comportamento tan inmobilista que o bloquea ata para despedir a quen non merece un cargo, porque era evidente que non podía sosterse eternamente. Frouxidade é o que non precisa a corrupción.

Comentarios