domingo. 21.07.2019 |
El tiempo
domingo. 21.07.2019
El tiempo

"Con esa parte de la familia no había roce alguno y punto"

Xuntanza familiar
Xuntanza familiar
El 15, Día Internacional da Familia

Os Seivane levamos no sangue a auga das fontes da Terra Chá, dos regatos que coidan o berce do noso Miño. Familia teño en Fonmiñá, onde naceu meu avó, na Ribeira de Piquín, de onde é miña avoa, no Chao de Pousadoiro, en Riotorto, aquí en Lugo mesmo... ao fin, nos lares onde aínda hoxe os Seivane temos semente.

Susana Seivane / Riotorto

Procedo dunha familia de militares profesionais de rasa graduación, pertencentes ao Corpo de Carabineiros, arma destinada á vixilancia de Costas e Fronteiras. Meu pai, Daniel Cortezón Rodas, nado en Baracaldo, pero oriundo de Cavia (Burgos), quedou orfo moi novo, e foi internado na Escola de Orfos de Carabineiros do Escorial ata a maioría de idade, en que foi destinado á comandancia de Ribadeo. Alí coñeceu á filla doutro carabineiro destinado nas Figueiras (Asturias). Casou con ela e xa con dereito a galóns de cabo foi destinado á comandancia de Línea de la Concepción e Algeciras, fronteira con Gibraltar. Alí estabamos no tempo de proclamación da República.

Daniel Cortezón / Ribadeo

Tróuxome a Lugo un tío meu coengo que era meu padriño. Polos seus servizos asistenciais -penso eu-, durante a batalla de Santa Susana de Caney, a catro quilómetros de Santiago de Cuba, e por socorrer ao xeneral Arsenio Linares Pombo, foi nomeado coengo da Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo no 1903. A el débolle o vivir unha xuventude mergullada nun ambiente cultural nada común e unha auténtica relixiosidade. Meu tío influiu tamén no que teño de persoa ordenada.

Narciso Peinado / Lugo

Vivín os meus primeiros catorce anos na Mariña lucense, pero, e isto non o dixen nunca, toda a miña familia Garza de Madrid e de Ávila, e eu tamén, estamos moi orgullosos da nosa orixe da Torre dos Garza do Pazo de Tor, documentada desde o século XIV. O castelo desta nosa orixe familiar foi destruído polos Irmandiños, logo reconstruído e derruído novamente polas hostes francesas. Actualmente, no que é o pazo de Tor quedan uns pequeños vestixios da que foi Torre da Homenaxe do castelo dos Garza. Así que en orixe a miña liñaxe familiar estaba entroncada coa nobreza da época, como se pode aprezar no escudo que dos Garza se conserva na actual portada do pazo.

Luz Pozo Garza / Monforte

Raro é o ano no que non vou ao Valadouro unhas dez veces. Alí vivín ata os trece anos cos meus pais. Marchei cun amigo de meu pai, Francisco Tato, que era militar. Estou moi agradecido a meus pais, Ricardo e Nosita, que tiveron que se sacrificar moito para pagarme os mellores colexios e lamento non dedicarlles máis tempo en vida. Tan só me queda visitalos no camposanto.

Ricardo Pardeiro / O Valadouro

Na miña casa había escudos que para min eran verdadeiros enigmas. Conseguín interpretalos a forza de dedicar moitas horas ao estudo. Tanto meu pai coma meu avó eran arquivos do saber, homes de memoria prodixiosa. Eles foron quen me iniciaron nos antecedentes de nobreza e fidalguía dos meus antepasados, que data de 1400. Un Gonzalo de Riva de Neira é o patricio documental de Santa María de Piñeiro, de Póboa de Adai. Os seus sucesores enlazaron con varias linaxes de Santa Comba, de Lugo, e, hoxe en día, eu son o lexítimo herdeiro por ser o maior de cinco irmáns.

Manuel de Rivas Reija/ San Xulián de Chamoso / O Corgo

Ás veces, entre os de San Pedro e os de San Xoán andabamos ás pedras uns cos outros. Había pobres e ricos como agora. Nós eramos pobres. Meus pais tiveron doce fillos, dos cales vivimos nove e xa só quedo eu. Traballabamos arreo nas poucas terras que tiñamos e nas que nos tiñan arrendadas. A min aquilo gustábame porque xa se sabe que onde un nace... Agora tamén é certo que temos outras comodidades.

María Josefa Vázquez/ San Xoán / Portomarín

Os meus avós maternos -Xesús e Dominica-, eran donos de terras e caseríos na comarca. Pero abriron, ademáis, un comercio de tecidos no baixo da casa da praza, que chegou a adquirir prestixio na vila e nas parroquias dos arredores. Lembro de xeito especial a figura esguía de miña avoa Dominica, porque tivo influenza decisiva para que os seus netos cursaran carreiras universitarias. Muller de natural garrideza, moi intelixente, gostaba tamén de tocar a guitarra nas horas libres que lle permitían os seus labores.

Francisco Fernández del Riego/ Vilanova de Lourenzá

O meu deber era seguir cos fillos adiante. Eles nunca me viron chorar aínda que sufrín moito. Pero, coa axuda de meus irmáns, dos amigos e do capelán, Edelmiro Ulloa, que se comportaron comigo fabulosamente, saín adiante. Somos unha familia moi unida e formamos unha piña, un pouco clan quizais. Non é de estrañar, logo, que a sinta no sangue.

Aurora Carro / Lugo

De los familiares de mi padre no venía ninguno porque «no nos hablábamos». En aquella época no sabíamos lo que había sucedido, pero estaba claro que con esa parte de la familia no había roce alguno y punto. Más tarde supe que la causa de los enfrentamientos fue motivada porque mi madre, una simple señoritinga de pueblo, había cazado a mi padre y al casarse, la familia de este, que era de tanto abolengo, había perdido la única fuente de ingresos de la que disponían. Los hermanos de mi padre, me resisto a llamarlos mis tíos, eran personas de mucho apellido pero sin un duro y sin ningún tipo de estudios, pero no podían permitirse trabajar en cualquier cosa, así que se pasaban las horas muertas en la cama para engañar el hambre.

Carlos Varela Prieto / Lugo

Lugo es tierra que se pinta con sangre de mi sangre, ya que de las montañas de Lugo, allá por Becerreá y Fonsagrada, salieron mis trasabuelos en busca del pan y la aventura. Me honro en tener las raíces en las ocho provincias gallegas, a saber: las siete que contó don Juan López en 1816 -La Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Orense, Tuy y Santiago- y la marinera y literaria de Pontevedra, que el cartógrafo olvidó.

Camilo José Cela / Lugo

Procedo de una familia muy distinguida. Los Barbeito en La Coruña eran gente importante. Había militares de alta graduación, sacerdotes, médicos. Estábamos emparentados también con Largo Caballero, que era primo de mi tío político José Barbeito, un eminente cirujano que tuvo que huir a Cuba cuando la guerra por su parentesco con el que fue presidente de la República. Mi padre, Juan López Mosquera, era un famoso autor teatral que estrenaba con frecuencia en Madrid. Una de sus obras estuvo siete semanas en cartel, que para aquellos tiempos, te hablo de los años 20, era muchísimo. El padre de mi padre, o sea mi abuelo, era un prestigioso notario de la Coruña.

Lolita López Cardama/ Lugo

Resultó que Lugo era una ciudad grande y maravillosa. Yo, de niño, amaba por la Geografía de Paluzíe las ciudades maravillosas y lejanas, como Burgos y Constantinopla. De tal clase me pareció a mí, Lugo, vuelvo a decir, con sus ríos de gente marcada por el gozo de la Fiesta. Lástima que nuestro padre, ceremonioso, se entretuviera tanto en la visita a los parientes. Había que saludar a los de la calle San Pedro, y, antes a los de San Roque, cerca del cuartel de Las Mercedes, donde nos deteníamos embobados, mi hermano y yo, mirando para el centinela.

Antonio Pereira / Lugo

"Con esa parte de la familia no había roce alguno y punto"
Comentarios