La comunidad de montes de Pacios inaugura un espacio de ocio para todas las edades

Asistentes á inauguración (Foto: C.A.)
photo_camera Asistentes á inauguración (Foto: C.A.)

A comunidade de montes veciñais en man común da parroquia begontina de Pacios celebrou este fin de semana a súa tradicional comida de confraternidade anual, unha xuntanza á que asistiron ao redor dun cento de persoas e que serviu para inaugurar oficialmente o Parque de Cobo, unha nova área de lecer pensada para todas as idades.

O párroco de Pacios, Juan José Novo Gabeiras, foi o encargado de darlle a bendición ás novas instalacións para, conxuntamente co alcalde de Begonte, José Ulla, abrir de xeito simbólico a porta que dá acceso ao novo recinto, onde tamén se descubriu unha praca.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios