miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

Comparacións odiosas

ROUBAR UN móbil págase con cárcere. Apropiarse de millóns de euros de xeito irregular non conleva nin un día entre rexas. Parece absurdo, pero estes dous casos son reais. Unha rapaza de Castellón castigada con dous anos vai ter que ingresar na cadea en menos de dez días se algunha decisión de última hora non o evita, e iso que ata a vítima recoñeceu que non fora ela quen lle arrebatara o teléfono. E un empresario que defraudou doce millóns a Aena non entrará nun centro penitenciario para pagar a pena de tres anos á que foi condenado porque o Goberno o indultou. Non se sabe por que, pero foille aplicada esta medida de gracia, unha decisión que non se ten que argumentar e que por iso causa receos na xudicatura. É legal, pero deixa un pouso rancio, doutra época, cando se dicía metaforicamente que quen ten padriño bautízase. E pon en solfa un dos valores da democracia, a igualdade.

Comparacións odiosas
Comentarios