viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

Como funciona o forno crematorio nun tanatorio?

Teño curiosidade por saber cal é o sistema de funcionamento dun forno crematorio, Álvaro Barreiro.

O forno crematorio é o lugar onde se leva a cabo a incineración dun corpo grazas ás dúas cámaras coas que conta —a de combustión e a de postcombustión— e nas que o féretro e o cadáver acaban converténdose en cinzas debido á pirólise (é dicir, a descomposición química dunha substancia complexa como un corpo humano en produtos máis simples pola acción da calor). De feito, para que se poida levar a cabo a combustión a temperatura do forno ten que superar os 800 graos centígrados.

Forno crematorio do tanatorio de Serfuja en As Gándaras
Forno crematorio do tanatorio de Serfuja
en As Gándaras

O proceso en si mesmo consta de tres etapas: a primera é a do quecemento das instalacións ata acadar a devandita temperatura. Unha vez conseguido iso, introdúcese o corpo para ser incinerado e, finalmente, ten lugar o arrefriamento, co que se pon punto final a un procedemento que dura en total unhas tres horas e media e no que o máis difícil de queimar son os ósos debido á súa dureza.

Para moitas persoas, poder seguir este proceso dende unha sala contigua á do forno crematorio é unha maneira de renderlle un derradeiro adeus ao seu familiar. Nese senso, existe a posibilidade de contratar un servizo integral deste tipo nun tanatorio que conte nas súas instalacións cun forno crematorio propio sen ter que desprazar o cadáver fóra para queimalo.

Jorge Balado
Serfuja Tanatorio As Gándaras

Envía a túa consulta a www.asgandaras.gal/dudas

Como funciona o forno crematorio nun tanatorio?