Manuel Gago: ''A comida provoca unha sensación marabillosa, case orgásmisca''

Manuel Gago. (Foto: AEP)
photo_camera Manuel Gago. (Foto: AEP)

Manuel Gago, gastrónomo e blogueiro

Un estudo recente di que o emprego de Facebook non fai máis feliz a xente.

E que Facebook nin dá nin quita felicidade, o que cambia é a forma con que nos relacionamos coas outras persoas.

Prefire a xente relacionarse a través da tecnoloxía que ao natural?

Estamos aprendendo a empregar a tecnoloxía para potenciar as nosas relacións cos demais. Usamos Whatsapp para quedar cun amigo porque é máis cómodo que chamar por teléfono.

Si, pero non é o mesmo utilizar Whatsapp para quedar cos amigos que quedar con eles mentres utilizan a aplicación.

É que estamos nun estado moi tempraneiro da nosa relación coa tecnoloxía. sorpréndenos tanto que non somos capaces de asignarlle a cada cousa o seu espazo. O mesmo pasa co Facebook, pero co tempo valo deixando. Ao principio estás conectado todo o tempo, despois xa lle asignas o seu espacio e conéctaste un par de veces ao día, despois de comer...

Como cas mozas, ao principio, se comeza a gustarche unha, pasas o día pensando nela, e despois cando casas...

(Risas) Iso pasa cas rapazas, cos amigos... E coas series de televisión! Ao principio ves unha temporada enteira e despois aprendes a consumila pouco a pouco.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios