Cociña, risos, euforia e ledicia cos Ghazafelhos

O espectáculo 'Bon Appetit' chegou onte ao mercado municipal de Lugo para provocar o entusiasmo nos máis cativos do fogar, quen agardaban impacientes cada sorpresa
Un momento da montaxe dos Gazafelhos en Lugo
photo_camera Un momento da montaxe dos Gazafelhos en Lugo

MAXIA, FANTASÍA e creatividade foron os factores que envolveron o martes en Lugo o espírito dos cativos que acudiron a ver a función Bon Apettit, que estivo interpretada polo Teatro dos Ghazafelhos.

A pesar dos troques de ubicación de última hora, a afluencia de público non defraudou. Por temor a que a choiva estragase o espectáculo, este tivo que mudarse da Praza da Soidade, onde se anunciara, ata o mercado municipal... E que mellor sitio para dar acubillo o unha obra teatral que xusto fala da comida!

En escena presentáronse tres actores disfrazados de cociñeiros, quen foron os encagados de producir as risas a esgalla nos máis pequenos da casa, os cales non puideron evitar contaxiarse do humor que desprendía cada novo prato elaborado na cociña dos Ghazafelhos.

Abofé que ata os pais semellaban estar entegrados a este ambiente con aire infantil e festeiro, que de seguro a moitos lles trouxo a memoria as lembranzas daquela primeira función que acudiran a ver durante a súa nenez.

Así foi como, entre olladas sorprendidas e sorrisos mesturados con palabras de euforia, os humoristas continuaron o seu show; unha exhibicion onde non quixeron que as nenas e nenos se limitansen a exercer de meros espectadores: que cativo non soñou algunha vez con compartir escena cos protagonistas da obra?

Na obra Bon Appettit este soño foi posíbel e o público de máis curta idade converteuse en protagonista activo dun evento que, de seguro, moitos tardarán en esquecer.

MÁIS ÁGORA. Continúa o programma Ágora Cuñtural en Lugo. Hoxe Palimoco Teatro representará unha nova función que leva por nome Queres que cho conte?  O espectáculo terá lugar en dous pases; o primeiro deles serás ás 12.00 da mañá na Praza Maior e o segundo, ás 20.00 no mercado de Quiroga Ballesteros.

Comentarios