«Con mi ingenuidad infantil pensaba que se movían los árboles y no el coche»

Hai se cadra vinte ou máis anos, estaba eu en Colombia seguindo unha investigación sobre narcotráfico e os militares daquel país ofrecérenome a posibilidade de acompañar un operativo levado a cabo na selva amazónica para desmantelar un laboratorio clandestino de cocaína. Cando aterramos nun lugar concreto preto da cidade de Leticia, observei con estupor que había camionetas todoterreo da marca IPV. O Exército de Colombia tiña varias ducias destes vehículos fabricados na Pontenova.

Perfecto Conde Muruais / A Pontenova

Su padre (el de Antonio S. Montaña) también lo había heredado del padre, que era ganadero y que andaba por las montañas; de ahí viene el nombre, o sobrenombre. Mi marido iba de feria en feria con su mercancía. En los años veinte se da cuenta de que el coche le convenía y se compró un Ford T, el primero que hubo en Lugo. Después vinieron un Dodge y un Buick. A partir de 1928, un Saurer, que llamaba la atención porque era como un gran ómnibus con 40 plazas. En el 36, la empresa cuenta con una flota de once vehículos, entre ómnibus y camiones, que se ponen a disposición de las tropas durante la Guerra Civil.

Carlos Sánchez Montaña / Lugo

Daquela primeira viaxe recordo que indo ao santuario lle preguntei a miña nai por que se movían as árbores. Coa miña inxenuidade infantil pensaba que se movían as árbores e non o coche. Ese é un recordo que me quedou marcado para sempre.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Non había teléfono e entón eu puñera unha emisora no Corgo na gasolineira, outra na casa do doutor Ferreiro e outra no coche. A miña estaba conectada á bucina do coche. Se me chamaban da gasolinera, «pi, pi», dúas veces. Se me chamaba Ferreiro daba tres pitadas, e daquela, aló polo setenta, aínda atendeu moitos, moitos partos na casa. Chamábano e viña correndo: «Doutor que xa fixo augas e tal». «Hai que agardar un pouco», dicía el. Facíannos café nunha chocolateira de barro e como era na lareira, aínda collían un tizón con brasa e metíano na chocolateira, ata que lle daba a gana ao cativo ou a cativa de saír.

José Manuel Pol Herbón / Adai / O Corgo

No había coche ninguno. Jugábamos a la comba, al escondite. A las cosas de la juventud que no hay ahora.

Mercedes Arias Rey / Lugo

Una señorita maestra está enrolada en las Campañas de Alfabetización. Sale de Lugo en un auto cualquiera de la línea de Becerreá y llega, Dios mediante, a Donís, allá por la una y media de la madrugada. Noventa kilómetros de ruta, en auto y caballo en medio día de camino. En Liber habrá que dejar el auto de Navia y tomar el de Ambasmestas. Tomar otro aquí. Pero algún día de la semana hay servicio de autos de Degrada. El lejano Donís, del municipio de Cervantes, ya en la raya de la provincia y en el flanco de la sierra de Ancares. Pasará por el Liber, Lama de Rey, Doiras, Castelo de Frades, Degrada, Campa da Braña...

Ánxel Fole / Cervantes

A miña vida cambiou un día no que regresaba a Lugo do colexio. Por un pequeno despiste no coche no que viaxabamos, tivemos un accidente que para min tivo como consecuencia unha lesión medular: unha tetraplexía que me deixou sen mobilidade e sensibilidade á altura do peito e os brazos cunha limitación de movementos moi alta. A partir dese momento a vida laboral que levaba rematou, actualmente estou xubilado por incapacidade.

Ramón Pedro Díaz López / A Pontenova

No me gustaba estudiar. Ya antes de acabar el bachillerato estaba metido en los coches: los limpiaba, les daba cera, conducía... Me dieron la delegación de la escuela Europa de Lugo y allí nos hacíamos la competencia otra academia, Siji, y nosotros. Pasado un poco de tiempo, nos fusionamos y además nos establecimos también en Becerreá. Las cosas fueron estupendamente, porque aquello coincidió con una enorme demanda de carnés.

Raúl López / Lugo

O Hotel Venecia, ou máis ben Hotel Villa Venecia, que estaba no Malecón, recibirá ese nome ben a xeito por acharse construído nun solar roubado ao río por medio dun recheo. O edificio, de planta cadrada e un certo estilo modernista, estaba unha miga dentro da auga, arredado do Malecón por un pasadoiro que non tiña varandas nos lados; e, por iso, deime unha vez neste sitio unha lombeira que por pouco me escacho. Estaba aparcado un auto que tiña nos faros uns espellos convexos nos que me vía reflectido coa figura deformada que medraba cando me achegaba e reducíase cando me afastaba. Aquilo fíxome tanta graza que estiven un retrinco camiñando para adiante e para atrás e nunha desas fun para atrás de máis e perdín pé e caín de costas ao río, aínda que non afoguei porque estaba a marea baixa; pero a costelada que me peguei foi das boas. O que me pasara fora debido a unha condición miña que consiste en que cando estou a facer algo esquézome de todo o demáis porque non podo atender a varias cousas ao mesmo tempo.

Luis Tobío / Viveiro

Teño alma de emigrante e tiven dous tíos en Arxentina e un en Venezuela, de parte paterna e materna. O neno vivía as súas contadas visitas coa inquietude do afastado continente descoñecido. Recordo que un deles comprou aquí un cochazo azul deses que aínda se ven polas rúas decadentes da Habana... ou nas películas que van do branco e negro á cor. Falo de finais dos 60, cando nesta praza de España había uns leóns gardando o palco da banda de música e ruxindo cara á catedral amurallada... Así que toda a ilusión era montar naquel coche tan grande e azul e vir a Lugo en San Froilán.

Jenaro Castro / Lugo

Como mi padre estaba metido en las esferas del llamado glorioso movimiento nacional, disponíamos de coche y chófer particular, un Citroën enorme de color negro, esos que se llamaban Citroën Pato. Lo conducía el señor Tomé. Pequeño, bigotito recortado de alférez, la colilla colgada de la comisura de la boca, la cabeza con cuatro pelos muy repeinados y bien sujetos, siempre dispuesto a ser agradable y al que se añadía el toque de prestigio que le daba vivir en el barrio de la Tinería, punto donde se encontraba el puterío de la ciudad.

Carlos Varela Prieto / Lugo

O meu tío-avó Antonio de Botes establecera servizo de viaxeiros entre Foz e Mondoñedo, en flamante dilixencia tirada por cabalos, que algúns días seguía a Baamonde para levar aos emigrantes que alí collían o tren para á Coruña e embarcar ás Américas; e tras vinte ou trinta días de navegación, moitos deles non voltaban nunca máis! En 1922 Botes mercou un flamante Dion Bouton, coche francés que distribuía para o norte da península o mindoniense de Viloalle don Xosé Barro, establecido en Chavín cunha importante industria. Motorizábase así o medio, non tardando en adquirir outra unidade idéntica que en ambos costados lucía o nome de El Focense. Ao pouco tempo, en desgrazada manobra, Antonio de Botes perdía a vida nunha rúa de Mondoñedo.

Suso Fernández / Foz

A Juan Manuel (Juan Arias) téñolle en boa estima. Lembro que, sendo eu pequeño, el xa daba leccións de como cunha cuña de ferro e un martelo se enderezaba a chapa dun coche para deixalo como novo.

José Manuel Núñez Losada / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo: El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios