martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

C. Iglesias: "Estamos na última fase de aprobación para que o polígono industrial vexa a luz"

Clemente Iglesias
Clemente Iglesias
Riotorto ten un vínculo co ferro, que deu durante anos traballo a moitas familias e que fixo que o concello fose coñecido pola calidade dos seus fouciños e coitelos. O Concello aposta por promocionar a vila a través deste oficio

O CONCELLO de Riotorto aposta por manter tradicións e promocionar a Ruta do Ferro, de gran importancia na vila.

Riotorto é un gran descoñecido. Que se debería visitar no seu concello?
A verdade é que temos moito patrimonio etnográfico e cultural. O conxunto etnográfico do Mazo de Ferreirabella, á Igrexa de San Pedro de 1887 ou o castro celta da Coroa.

Os ferreiros tiveron un papel moi destacado e aínda hoxe segue habendo familias que se adican a esta profesión e teñen a Festa do Ferro. Que supón este oficio e este evento para a localidade?
Este oficio tan antigo, artesanal e cunha enorme tradición no pobo, perdura no tempo, pasando de xeración en xeración. Na actualidade existen aproximadamente 12 ferreiros que fraguan o ferro de forma tradicional e artesanal nas súas forxas e que viven deste oficio. A feira do ferro, que se celebra tódolos anos en torno o 15 de abril, serve de referente a nivel autonómico e está consolidada no tempo. Intentamos tódolos anos chegar a máis xente co obxectivo de promocionar turísticamente este pobo e intentaremos no futuro que sexa declarada de interés turístico.

Falando de festas, a feira da Augaxosa e o San Cristovo seguen tendo moita sona. Que axuda lles presta o Concello?
Colaboramos coas festas de San Pedro e San Cristovo con unha aportación económica de 300 euros e financiamos o 100% do alumeado das festas, tamén con medios técnicos. Ademais, a cada pobo e a administración local concede unha axuda de 150 euros e presta o grupo electróxeno municipal. A feira da Augaxosa é a cabalar que existe no concello, e axudámoslle a comisión de festas coa instalación da carpa e damos 400 euros para premios ó maior número de cabezas de gando.

Na mesma liña de colaboración con actividades da vila, o Concello colaborou coa Deputación na repaertura da Área Recreativa do Mazo en Ferreiravella. Como valoran esta alternativa de ocio e gastronómica coa que conta a vila?
Esta alcaldía apostou pola posta en funcionamento da Area Recreativa do Mazo. Nesa zona está ubicado o Conxunto Etnográfico do Mazo da Fraga, que se pode visitar e onde se fan demostracións do funcionamento do mazo. A gastronomía da zona tamén se pode degustar no restaurante existente na área recreativa. Na actualidade estase rehabilitando cunha axuda do Agader o rodicio, trompa, mazo e chifron, que estará rematada antes do 30 de outubro.

O sector primario e o tecido industrial son as principais áreas de traballo do municipio. Contan con algunha medida para impulsar o traballo destes sectores?
Na actualidade temos a disposición de tódalas empresas un técnico de emprego, que lles facilita información de axudas e subvencións, incluso realiza a súa tramitación. No referente ó terreo industrial estamos na última fase de aprobación provisional para que o polígono industrial vexa luz próximamente. O proxecto de urbanización será realizado por Suplusa e esperemos que dende a Deputación Provincial non se poñan trabas para poder ter solo industrial aquí.

Que outros proxectos teñen en marcha no concello?
O polígono industrial é un proxecto prioritario. A mellora das vías municipais, accesos os núcleos e saneamento dos pobos é un pilar fundamental para o noso equipo de goberno. Queremos dar as grazas á Xunta por acceder a nosa petición da mellora da estrada LU-124 no treito Cruz da Cancela-Lindín (A8) xa que é o noso principal acceso a autovía, e que vai estar rematada a finais do ano 2018. Estamos tamén sinalizando a Ruta do Ferro cunha axuda da Secretaria Xeral de Turismo. Amais, incrementamos o servizo de axuda no fogar, para tódalas persoas que o necesiten e aumentamos a contratación de auxiliares de axuda no fogar. Por un lado, incrementamos o servizo e por outro xeramos emprego.

C. Iglesias: "Estamos na última fase de aprobación para que o...
Comentarios