''A clave dunhaboa imaxe está en pensar como facela''

O FERROVIARIO Jesús Rodríguez Montero traballa no mantemento das redes de telecomunicación, que antes eran aéreas e agora soterradas. É un deses traballadores que anda por toda a provincia de Lugo ademais de por Ourense e Ponferrada coa máxima dedicación, esmero e experiencia que acumula dende que entrou en Renfe en 1976.

A vida é moito máis que traballar e á parte de adicarse á familia ten varias afeccións que lle dan máis vida. «A experiencia, que se logra practicando moito, e coñecendo as máquinas coas que traballas, é o fundamental para facer ben as cousas. Tamén hai que adicarlle tempo e ler sobre o que interesa, no meu caso, os soldadiños de chumbo, dende 1982, que decoro, e grazas aos que me xurdeu outra afección, a fotografía», explica.

Montero ten unha colección de máis de 200 soldadiños de chumbo perfectamente pintados a man e con todo luxo de detalles, e outros tantos máis pendentes. No 1987 empezou a fotografialos. «Para facerlle instantáneas non me valía unha cámara compacta, porque non tiñan macro, había que facelas polo menos a unha distancia dun metro e medio. Entón merquei unha réflex, unha Praktica, e ahí foi cando comencei a saír sempre coa cámara, mercar outras e a ler. Teño máis de 200 libros e aínda sigo mercando porque sempre hai novidades», engade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios