'Cinema Paradiso'

Toda a vida é soño, es os soños cine son, nos susurra Aute, parodiando a Calderón de la Barca. E nestes días que a Semana de Cine chega a trixésima edición, eu quixera dicir que o cine é a vida mesma.

Noraboa a todos aqueles que fai trinta anos deron pulo o grupo Fonmiñá, e a outras iniciativas como o clube ‘Valle Inclán’. A nosa historia miúda non sería a mesma sin eles. Eu además sinto un profundo agradecemento a Curiel, Carlos, Adolfo, Federico, Paco, Valcarcel, Ochoa, Xulio, e moitos máis.... Agradezo a xenerosidade de entregarnos o seu tempo de lecer o traballo e a súa creatividade, durante todos estes anos. Todo arrinca nun Lugo moi vivo, foi a nosa movida, tamén musical, pero sobre todo fotográfica, teatral e cinematográfica. Lugo naqueles anos era un fervedeiro de actividade cultural que por falta de perspectiva, e certo complexo de inferioridade absurdo, nunca lle demos a importancia e a verdadeira dimensión que tivo, e o pouso que deixou nosa intrahistoria cultural. Foi unha movida un puntiño intelectual, as veces con unha pincelada snob,  certamente liberal e mais ben esquerdosa. Os maximalismos eran só a nota exótica necesaria, pero unha nota máis ben aquelada. Largometraxes, curtametraxes, obras de teatro, que de non ser por esta movida nunca chegarían a Lugo. Os que vivimos aquela movida, hoxe somos unhos carrozas, pero ninguén nos quita ter disfrutado de toda a metraxe vista polos
nosos ollos.

Había cines de verdade, a min os minicines danme claustrofobia. Boto de menos os altos teitos do ‘Gran Teatro’ e do cine ‘Paz’, o galiñeiro do ‘Kursal’, a familiaridade do cine ‘Victori’a, a discreción do ‘Central Cinema’, e o aire capitalino do cine ‘España’.

Na nosa adolescencia, as fins de semana dos invernos, artellábanse arredor do cine. Quedabamos para ir coa pandilla, logo ir, ou non; ou perderse en parellas disimuladamente, e nin mirar a pantalla. Pola semá no instituto, comentabamos as películas, recontabamos escenas e incorporabamos aquelas historias os nosos propios soños. Lugo é a única cidade de Galicia e coido que de España que non mantén en pé ningún dos seus cines da época dourada do cine, ningún! ¡Qué tristura! Sobre todo para unha cidade que
sempre amou o cine e o teatro con verdadeira paixón.

¿Qué pecado cometimos para merecer algo tan cruel? Eu non o sei, e coido que si o soupese non serviría de moito, como os protagonista de ‘Cinema Paradiso’.

Comentarios