Cine de zombies e deuses

Ira de titanes 3D, a secuela de Furia de titanes (2010), chega coincidindo coa estrea da terrorífica REC 3 Génesis, de Paco Plaza, e La cazarrecompensas.

O inicio de Ira de titanes 3D sitúase dez anos logo dos sucesos da súa predecesora Furia de titanes (2010), con Perseo tratando de levar unha vida apracible co seu fillo Helio, propósito que se verá truncado polo rexurdir dos titáns, liderados por Crono. Sam Worthington, Liam Neeson e Ralph Fiennes son os protagonistas.

REC 3 Génesis, a terceira entrega da saga de terror española, traslada a acción a un inesperado escenario: o banquete dunha voda. Todo marcha con tranquilidade ata que unha negra sombra fai acto de presenza. Zombies, mortos viventes e outras criaturas desatarán o pánico. Paco Plaza presenta esta cinta da produtora galega Filmax, na que conforman
a repartición Leticia Dolera, Diego Martín e Ismael Martínez.

Katherine Heigl protagoniza La cazarrecompensas, unha comedia romántica con doses de
acción. Cando perde o seu emprego como dependenta, Stephanie decide dar caza a prófugos. Joe, ex policía sospeitoso de asasinato, será o seu obxectivo.

Lorax: en busca de la trúfula perdida, unha comedia de animación, amosa un mundo no que
a natureza foi substituída por elementos artificiais. Nel, o mozo Ted buscará unha árbore co fin de conquistar a moza dos seus soños.

Comentarios