''Llegué a tener 142 variedades de tomates distintos''

O novo rexedor valadourense foi cociñeiro nun barco do bonito, con vinte anos. Agora adica o seu tempo á súa familia, á política e á explotación familiar onde se adica á agricultura ecolóxica.

AS HORTAS , a política e a familia ocupan todo o tempo de Edmundo Maseda, desde fai poucas semanas novo rexedor no concello de O Valadouro. Foi mariñeiro con vinte anos e agora divirtese co seu fillo Xabi, de cinco anos.

Ten un fillo de 24 anos e outro de 5, vaia diferenza!

Era agora ou nunca, porque vivimos nunha casa familiar con meus sogros e non nos podíamos xuntar cuidando de persoas maiores e de nenos. Íbamos por unha nena, pero ó final son dous nenos.

Como dicía a canción de José Luis Perales, a qué adica o seu tempo libre?

O meu hobby principal é a explotación familiar de agricultura ecolóxica. Gústame a línea de investigación e probar cousas novas. Por exemplo, cheguei a ter 142 variedades de tomates de todo o mundo.

E cal lle gustou máis?

Un tomate dos indios cherokees; e tamén estaba moi bo un tomate amarelo de Ohio. Agora estou descubrindo os tomates rusos, que non se coñecían moito hasta a caída do telón de aceiro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios