Chega o venres a Galicia con ceos despexados

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso

Durante o venres Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Deste xeito, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior, e as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos do nordés, con intervalos fortes no litoral noroeste.

Meteogalicia

Comentarios