A Chaira suma 44 alumnos en los talleres del Centrad

Uno de los talleres (Foto: Marta Mancebo)
photo_camera Uno de los talleres (Foto: Marta Mancebo)

A aposta por descentralizar a formación e fomentar a participación dos veciños dos distintos municipios da provincia levou un ano máis ao Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación Provincial de Lugo, a convocar un total de 21 obradoiros, nos que se imparten dende técnicas como o ‘patchwork’, ata obradoiros de reciclaxe, oficios tradicionais ou de arranxo de roupa.

Estos cursos, que contan nesta última edición cun total de 206 prazas, teñen como obxectivo achegar a toda a poboación iniciativas que lles permitan aprender e coñecer diferentes labores ou tarefas, e incluso, ofrecerlles unha nova saída laboral ou profesional aos seus participantes.

ASISTENTES
Nos obradoiros conflúen todo tipo de perfís

Un dos datos máis chamativos destes cursos promovidos polo Centrad fai referencia ao perfil dos seus asistentes. En tódalas opcións que se desenvolven na comarca chairega os participantes son moi dispares entre si en canto ao que respecta á idade. No caso concreto de Vilalba, o obradoiro de traxes rexionais conta cunha rapaza de 27 anos entre o seu alumnado, sendo a maior de 57. Un caso similar ao que acontece no obradoiro de iniciación á cestería da Pastoriza, no que participa unha moza de 20 anos e a señora de maior idade ronda os 70. A disparidade de idades reflíctese tamén no número de integrantes femeninas destas iniciativas, que copan a gran maoría das prazas ofertadas pola Deputación Provincial de Lugo. A excepción que confirma a regra está na Pastoriza, onde os homes igualan ao número de féminas participantes. En cambio, ao obradoiro de traxes rexionais de Vilalba asisten unicamente mulleres. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios