Os ceos estarán nubrados este venres en Galicia

As temperaturas non terán cambios significativos
Nubes de tormenta sobre Lugo. SEBAS SENANDE (AEP)
photo_camera Nubes en Lugo. SEBAS SENANDE (AEP)

O venres, Galicia estará nunha situación anticiclónica marcada pola circulación do nordés. Polo tanto, agárdase ceo parcialmente nubrado na metade norte, con precipitacións na Mariña, e cun aumento das nubes de tipo alto no resto.

Pola tarde, formaranse nubes de evolución en zonas de montaña, con posibilidade de chuvascos tormentosos illados. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, forte no litoral da Coruña.

meteogalicia