domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Mércores de ceos despexados e xeadas no interior

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os termómetros caerán baixo cero en Lugo

Este mércores espéranse poucos cambios, con altas presións ao norte. O ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado con néboa no interior. Nas últimas horas da xornada entrarán nubes baixas na Coruña e Lugo. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, o vento soprará frouxo de compoñente leste durante a mañá e cambiará a norte e aumentará a intensidade no litoral da Coruña durante a tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos, con xeadas no interior.

Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán até os 16 graos en Vigo e os 15 en Pontevedra, mentres que en Lugo tocarán teito nos 11º. En canto aos valores mínimos, os termómetros só marcarán baixo cero na capital lucense (-2º). Na Boa Vila ou Santiago non baixarán dos 2 graos.

Mércores de ceos despexados e xeadas no interior
Comentarios