Ceos cubertos e lixeiras precipitacións para este sábado en Galicia

Galicia atoparase durante este sábado nunha situación intermedia entre as altas presións das Azores e as baixas que continúan movéndose polo Atlántico.

Isto deixará unha xornada co ceo moi cargado de nubes, pero con escasas precipitacións, que en xeral soamente se producirán na segunda metade da xornada.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, con intervalos fortes no litoral norte e nas zonas altas do interior.

Temperaturas mínimas e máximas nas cidades
A Coruña     9°     15°
Ferrol     8°     15°
Lugo     3°     11°
Ourense     3°     12°
Pontevedra     6°     14°
Santiago de Compostela     5°     12°
Vigo     7°    14°

Comentarios