Ceos anubrados no norte de Galicia

Os ceos na Comunidade galega continuarán este martes baixo a influencia das altas presións e con presenza de aire frío en altura, o que favorece a inestabilidade. 

Deste xeito, Meteogalicia espera unha xornada con ceos pouco nubrados en xeral, excepto no terzo norte, onde os ventos achegarán nebulosidade desde o litoral. 

Ademais, pola tarde formaranse nubes de evolución no interior que poderían deixar algún chuvasco tormentoso, máis probable na área de montaña. 

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un descenso de lixeiro a moderado, máis pronunciado na metade norte. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral. 

Comentarios