jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Ceos anubrados e chuvias intermitentes este xoves en Galicia

Meteogalicia. EP
Meteogalicia. EP
As precipitacións serán máis probables no norte das provincias de Lugo e A Coruña ao principio do día► Os termómetros oscilarán en Lugo entre os 9 e os 15 graos

As altas presións serán máis predominantes durante este xoves en Galicia, aínda que o vento do norte seguirá achegando humidade e precipitacións débiles e intermitentes, máis probables no norte das provincias de Lugo e da Coruña ao principio da xornada. Deste xeito, o ceo estará pola mañá parcialmente anubrado ou cuberto, tendendo a abrirse claros co avance das horas. 

Co avance do día remiten as chuvias, con tendencia á apertura de grandes claros. Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte. Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos. 

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 20 graos en Pontevedra, mentres os valores mínimos descenderán até o sete graos en Ourense. Os termómetros oscilarán na capital lucense entre os 9 e os 15 graos.

Ceos anubrados e chuvias intermitentes este xoves en Galicia
Comentarios