Centos de músicos coa única misión de que os lugueses se poñan en pé de baile

9 de outubro

A MOSTRA DE MÚSICA Tradicional do Domingo das Mozas é unha desas citas inelublibles das patronais luguesas, xa que a meirande parte dos músicos tradicionais da contorna xústanse na honradísima misión de facer bailar aos de Lugo, cousa que non é nada fácil.

A Asociación de Gaiteiros Galegos encárgase este ano de coordinar a cita coa cornamusa e chamou para a ocasión ás xentes de Froito Novo, Alvariza, Tinta Femia, Faíscas de Solobeira, Picuíña, Ludovaina, Millo Verde, Abertal, Arume, Abelente, Xarín, Saíñas, A Requinta de Xián e Cantareiras de Alende.

Todos eles ocuparanse de que nun dos días máis emblemáticos do San Froilán no deixe de soar a música popular galega en todas as súas variedades, que é tempo de xotas, muiñeiras e pasacorredoiras. Por exemplo.

No medio do serán a Praza de Santa María acollerá a actuación de Tanto Nos Ten e Tino Baz.

Os primeiros, quinteto de música tradicional furtiva, segundo definición propia, están a converterse nuns dos principais animadores das romarías e troulas galegas e veñen de asinar un primeiro disco coas repichocas retranqueiras e de escarnio ,

Pola súa banda, Tino Baz, cantor e gaiteiro, exintegrante de A Roda e debedor de Fuxan os Ventos ou a Quenlla, achegará a súa proposta de música tradicional e lírica comprometida.

E ADEMAIS...

  • 21.30.—Sally the Aracnophobic.O nome completo deste grupo lugués que actuará como aperitivo de Lamatumbá é Sally the Arachnophobic and the Giant Electric Spiders, banda nada aló por 2007. Integrado por Tomatito Cherry, Sal Fu Man, Maese Jiso e Mary Queen Heredia de la C. Contan entre as súas influencias músicais tan dispares como as de Frank Zappa, Mamá Ladilla, Silvio Rodríguez, Hora Zulú ou Som do Galpom.

Comentarios