Cien años de Progreso en Lanzós

Primeira xunta directiva da Sociedade Progreso de Lanzós no 1913 (Foto: Iescha)
photo_camera Primeira xunta directiva da Sociedade Progreso de Lanzós no 1913 (Foto: Iescha)

O primeiro de abril do ano 1913 nacía na Habana a Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós, fundada polos veciños emigrados das parroquias vilalbesas de San Martiño e San Salvador. Cen anos despois, aquela casa escola, en cuxa creación puxeron o máximo empeño, segue a ser un símbolo na localidade.

alén de mar nacía no ano 1913 unha das moitas sociedades fundadas polos emigrantes chairegos en terras cubanas. Era a Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós, que tiña como finalidade fundamental «a protección mutua entre os asociados e veciños de Lanzós que cheguen a Cuba, procurando axudarlles, proporcionarlles colocación ou emprego e encamiñalos nos seus primeiros pasos neste novo país de acollida» .

Ademais do importante papel que pretendía xogar na Habana, a entidade tiña outra vertente igualmente relevante, o desenvolvemento do ensino nas dúas parroquias de Lanzós das que proviñan os seus asociados, San Martiño e San Salvador. Por iso, xa dende a fundación da entidade comezou unha recollida de fondos para crear e soster un centro educativo, unha iniciativa que se convertiría en realidade apenas uns anos despois.

Herdeiros. Asvela é hoxe o colectivo de referencia

  • O asociacionismo nas parroquias vilalbesas de Lanzós viviu diferentes etapas dende a creación ao outro lado do Atlántico da sociedade Progreso. Hoxe, a herdeira desa tradición é a asociación de veciños de Lanzós, popularmente coñecida como Asvela, fundada no mes de setembro do ano 2006 e que na actualidade reúne a uns 180 socios

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CELEBRA O CENTENARIO DA ENTIDADE O DÍA 30
O programa inclúe varias charlas, diversas actuacións musicais, un xantar de irmandade e a iluminación monumental da escola

A asociación de veciños de Lanzós concentrou no vindeiro sábado 30 unha serie de actos para conmemorar o centenario do nacemento da Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós, así coma do nacemento do seu proxecto estrela, a escola habaneira da localidade, inaugurada varios anos despois. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios