Cecilia Díaz: ''Estoy algo nerviosa por tocar en mi tierra, pero tengo ganas de participar en el Osa do Mar''

Cecilia (na esquerda), cos seus compañeiros do grupo Santa Rita.
photo_camera Cecilia (na esquerda), cos seus compañeiros do grupo Santa Rita.

Esta xove cervense é a voz do grupo barcelonés Santa Rita, que actuará este sábado no festival Osa do Mar. O concerto está programado para ás oito e media da tarde e intégrase dentro dun programa recheo de música alternativa e de actividades para todos os gustos no entorno burelés da praia da Marosa.

A UN PAR DE DÍAS de viaxar a Burela para tocar co seu grupo, Cecilia Díaz amósase contenta e con ganas de participar de forma activa no festival Osa do Mar. Ela vive e traballa en Barcelona dende hai dez anos, pero segue a ter moi presente o seu Cervo natal.

É a cantante do grupo Santa Rita. Como se xuntaron?

Todo xurdiu en febreiro do ano 2008. A guitarrista e a baixista vivían xuntas e empezaron a tocar no piso. Non era nada serio, pero despois no ano 2009 empezamos xa a tocar en directo.

Cantos componentes son?

Agora mesmo somos catro. A guitarrista chámase Natalia e é arxentina, Laura é de Barcelona e toca a batería e acábase de incorporar ao noso grupo Armand, que é baixista.

E o nome de Santa Rita, como se lles ocurriu?

Era bastante complicado atopar

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios