''Castaña en el camino es del vecino''

Do polbo, das empanadas... / VINICIUS
Do polbo, das empanadas... (Ilustración: VINICIUS)

ERBEDEIRO ERA unha freguesía onde abundaban os castiñeiros. Daba xenio ollar os camiños estrados deste froito de aí que a xente se apurase para apañar as castañas segundo o direito de que «Castaña no camiño é do veciño». A castaña xunto coas patacas formaba a base da alimentación da freguesía xa que unha vez secas nos canizos, dependencia que tamén incluímos na cociña, consistía nun teito de listóns que deixaban entre eles firguas polas que pasaba o fume da lareira para enxugar as castañas que se podían comer con leite mazado ou fresco así como un excelente acompañamento do lardo. E como non, no magosto. Con referente a el diremos que non tiña as conotacións de agora, era unha comida máis das que se facían ao ir do ano.

Xosé Lois Ripalda González / Erbedeiro / Carballedo

La costumbre perdura en Ombreiro, y en la festividad del patrón de la parroquia, se organiza por la tarde un magosto popular en la explanada que hay delante de la iglesia. Las castañas son las recogidas de un castiñeiro de gran envergadura que hay en el atrio. Lo organiza el párroco y participa toda la aldea. Es una costumbre ancestral, de las pocas comunitarias que quedan, y hago votos para que no se pierda.

Manuel Romay López / Ombreiro / Lugo

Fun a unha pisa de castañas e, logo de golpear os sacos un home por cada lado contra o pisoto, baleirábanas despois no bandoxo, que era unha especie de cribo que se adaptaba á cintura, e deste xeito podían movelas para separar a casca ou muíña e apartar, á súa vez, os picós ou castañas partidas das boas; despois enchíanse os sacos e á tardiña cargábanse no carro para transportar as castañas ata a miña aldea. Eu era ben novo e os traballos que levabamos a cabo eran duros; pero o feito de ir en compañía de xente para recoller estes prezados froitos tiña algo de festa solidaria entre os propios veciños.

Olegario Sotelo Blanco / Torbeo / Ribas de Sil

Mis amigos y yo pedíamos un aguinaldo de miel en alguna casa cercana, y solían darnos un plato de ella, en el que rebañábamos las castañas.

Álvaro Cunqueiro / Mondoñedo

Las salidas de papá, ademais de ser frecuentes, se prolongaban días y aún semanas, circunstancias de las que deducía yo, que esas tierras y propiedades, tenían que estar a mucha distancia, de nuestra residencia de Vigo. Además de eso yo tenía formada mi visión de Lugo, como de un lugar frío, donde se crían capones, buenos jamones, manteca en vejigas de cerdo, castañas por sacos y, sobre todo, anguilas curadas, con las que se hacían sabrosas empanadas, y todo eso me daba la idea de acercar Lugo a Jauja, ya que solo así podrían darse aquellos magníficos y sabrosos manjares, y además según decía papá, era un paisaje precioso, con magníficos prados, no menores sotos de castaños y bosques de carballos, que lindaban con el Miño y el Lea su afluente en el que los caneiros pescaban anguilas y peces, un verdadero Paraíso.

Amador Montenegro López-Saavedra / Lugo

O millo esquilma a terra... o cultivo das patacas, de orixe americano, enraizou en Galicia no século XVIII. Antigamente chamábanas ‘castañas da terra’... Antes o alimento básico era a castaña. As castañas cómense con leite, asadas, cocidas ou secas; servían para facer doces e non hai xamón coma o dos cochos cebados con castañas e landras.

Benxamín Andradre / O Incio

Aquilo non morre porque queda en nós, anque morreran costumes coma a festa dos magostos as lumieiras ou fogueiras do toxos, para asar as castañas e faguer bullós que estoupaban baixo o lume, e as veces, algún churrusqueiro desfaguía tirando ao fogo un foguete que ao estoupar, ciscaba o lume, e os cativos dispois buscaban no borrallo a castaña que orixinou o estronicio.

José Ibáñez Fernández / Monforte de Lemos

O xantar compúñase de sopa de fideo, xamón, bistés de solomillo, tortilla, queixo e melocotón. Cómese moi ben en Sarria-dixen-. E non se ha de comer... Estamos na metrópoli do xamón. Manturio forte i ás cheas. O que viaxe polas nosas vilas por forcia terá que decir que en Galicia cómese moi ben... Mais no campo xa é outra cousa. ¿E logo? Unha comida coma esta non se cata nin nos días de festa nas casas das aldeas. Hai moitos que non proban o xamón en todo o ano, e xa non digo a carne de vaca ou o pescado. ¡Hai que ver! O noso labrego, en xeral, vive mal, especialmente o labrego montañés. O manturio de mala calidade, pouco vareado, malsano. O touciño con castañas, poño por caso, é para iles un gran prato. Patacas, verzas, pan mouro, carne de porco; froita ruíña, poucos legumes... O pescado, nin velo. Gracias ó leite, ós ovos i ó mel. En case tódalas casas vende os xamóns... Moito artritismo, moito galoxo, moita avitaminosis.

Ánxel Fole / Sarria

Foi o único roubo que cometín; iso si, reiterado, ano tras ano! Era cuestión de madrugar, e con iso, un cestiño e mais un saco, veña soutar! Cando se levantaban os veciños, o Pepiño de Gómez xa volvía para a casa arrastrando no saco, cheo, pois eran tantas que non podía con el ao lombo. Daquelas castañas: As dos bullós pelábaas de noite, a carón da lareira, coa luz das brasas, que xa tiñamos un cestiño de táboas da medida calculada para que nos chegase para os seis, ao xantar do día seguinte; mentres, o resto da familia facía as outras labores da casa. As asadas, nunha latiña que furara meu pai cunha punta de piso, e sobre das brasas, ¡bendita lareira, que non me cansarei de lembrarte!, pasteis, pasteis de castaña, castañas asadas nas brasas, os únicos doces que coñecíamos a maioría dos nenos da miña bisbarra! Coas castañas unha trampa, necesaria pero trampa: ceba-los cochos…, para despois matalos!

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

A familia posúe un sequeiro semiesborrallado en A Lama, aldea da parroquia de Fisteus, concello de Quiroga, i eu mesmo esperimentei as fadigas das enfeitas castiñeirais. Iste sequeiro compoñíase de catro sáas: unha cociña baixa con lareira, unha habitación con varias camas, a corte para o gando e a sáa para secar.

Xosé Estévez / Quiroga

Castañas, patacas, caldo... Había moitas castañas e patacas; pero pan, pouco.

Ubalda Doval Arias / Torbeo / Ribas de Sil

Acórdome das miñas amigas que fixen na escola que aínda teño. De ir ás súas casas e de xogar á goma. Unha delas introduciume ós cereais con chocolate... que aínda os como agora. Falando de comida, das filloas, das castañas e de ir a elas, de estar detrás da cociña de leña esperando a comer. Do caldo de verzas e dos ravizos que non me gustaba nada e ter que prepararme unha barra enteira de manteiga con azucre xa que á miña nai lle toleaban eses caldos. Da miña nai trepando por unha cerdeira e intentar tirarme cereixas xa que eu non me atrevía. Do polbo, das empanadas, do ‘rato’ que me dicían que había no pan pero que en verdade era un chorizo...e tantos máis.

Maria Bernardeta Fernandez Taylor / A Pontenova

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius.

Comentarios