Casas propone una ordenanza para el uso del gallego en la administración local

A delegada de cultura, turismo e mocidade de Viveiro, Olaia Casas, vén de presentar unha ordenanza de usos da lingua galega na administración local, que levará ó próximo pleno municipal para o seu debate e aprobación.

A concelleira nacionalista destacou que esta proposta «fará oficial o idioma galego no Concello de Viveiro e incrementará e normalizará a presenza do galego na administración local e nas súas comunicacións internas e externas». Engadiu que esta ordenanza será «unha ferramenta para desenvolver a Lei de Normalización Lingüística» de Galicia e con ela o Concello «amplía o seu grao de acción e preséntase como impulsor do crecemento da presenza do galego na sociedade viveirense».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios