''Las casas se cierran porque es mucha la gente que se disfraza''

Santiago Pérez Mariño (Foto: AMA)
photo_camera Santiago Pérez Mariño (Foto: AMA)

O FOCEGO Santiago Pérez Mariño foi a persoa de maior idade que participou o pasado sábado no desfile de Entroido de Foz, unha festa que só se perdeu en duas edicións das trinta e tres que se cumpliron este ano «e foi porque estiven de vacacións, pero non volvo a marchar porque o meu corazón estaba en Foz», asegura este home, de 86 anos de idade, que se move apoiado no seu bastón, pero que nos sábados de Carnaval cura de todos os males e abofé que podería facer o recorrido enteiro a pé, aínda que os seus compañeiros xa lle teñen gardado un sitio de honra na carroza.

O Entroido é para Santiago unha festa única, que lle permite reunirse cos seus amigos da peña Os Larpeiros, que pasan da vintena, e que son os que aúnan máis anos e experiencia do desfile. «A meirande parte están entre os 65 e 75 e levamos participando dende a primeira edición», asegura Santiago, sen esquecer un anaco de nostalxia polos que xa non están e é que a peña fundouse antes do desfile no bar de Josefa, «que foi á nosa primeira presidenta» e a única muller que estivo nela.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios