'Casamos!' emite esta noche la historia de dos lucenses

O programa ‘Casamos!’, da Televisión de Galicia, emite hoxe, a partir das 22.30 horas, a historia de Pamela e Pablo, dous mozos de Ponte de Outeiro (Lugo) que protagonizarán a nova edición do espazo.

Pamela e Pablo levan moitos anos como parella, compartindo alegrías e desgustos desde que eran adolescentes. Pamela é unha rapaza encantadora que terá que enxugar as bágoas da súa nai nos días previos ó seu enlace con Pablo, un rapaz que se define como retranqueiro e pícaro.

Os anteriores sábados, ‘Casamos! A historia de amor de...’ acadou picos de audencia que chegaron a un 15% do ‘share’, posicionando o espazo como o segundo máis visto en Galicia.

Producido por Zenit Televisión e Produtora El Progreso, o espazo consolídase como un formato de telerrealidade de grande aceptación.

O programa, con capacidade para entreter a toda a familia, descobre historias de amor peculiares e divertidas de mans de noivos que están a piques de casar.

Supón unha aposta por rescatar e facer visibles historias de superación, destacando o trunfo do amor en tempos de crise, e na que os protagonistas amosan as circunstancias máis variadas correspondentes á súa relación: as declaracións, as opinións dos amigos e familiares e as súas expectativas, os conflitos e preocupacións ou os nervios dos preparativos nupciais.

Os interesados en participar no cásting poden contactar no teléfono 619.77.19.19 ou en [email protected], para converterse en protagonistas da terceira tempada.

Comentarios